
Yesca
é un colectivo que ten como directrices a organización
e a loita.
Organización
asemblearia, porque cremos que tódolos xoves
que sufrimos as agresións producidas polo sistema
debemos estar unidos para termos máis forza contra
o mecanismo do inimigo opresor, por iso, aínda que
é unha organización independente, está
encadrada no seu entorno natural que é o movemento
castelanista e a loita debe ser contra o sistema capitalista,
combinando a formación política coa mobilización
e axitación social na rúa.
Polo
tanto, en Yesca combatemos contra tódalas trabas
e problemáticas que nos impoñen á xuventude.
Como pode ser a explotación laboral,
que temos que padecer mediante esas ETT’s, cos contratos
de formación ou prácticas. Ante a especulación
da vivenda na actualidade; que non permite que
nos poidamos independizar, dependendo de medias como a ocupación
de espazos.
Contra
a represión sufrida a diario por tódalas
puntas de lanza que o estado español ten para torturar,
como son as súas forzas de seguridade (policía,
garda civil, exército), ou os seus sicarios sen uniforme
como son esas bandas fascistas e neonazis que agriden e
ameazan a xoves, por simplemente, seren diferentes. Que
loita contra a explotación da muller nunha
marcade sociedade patriarcal, dende unha posición
de carácter feminista para conseguir nunha sociedade
non-sexista.
Por
iso, buscamos esa faísca que faga acender as nosas
mentes para non caer no apatía e na desidia (que
son as mellores armas do sistema actual), os cales son creados
na xuventude por determinadas drogas, manexadas e utilizadas
polo propio sistema, para volver en contra da xuventude
e controlala ó seu antollo.
Yesca
ten marcado un ámbito de loita, o cal ven dado polos
trazos comúns que teñen as persoas que compoñen
un pobo, como pode se-lo idioma, as costumes, o folclore,
as tradicións populares, etc. Ademais de ter un diferenzado
entorno xeográfico cos pobos lindeiros, o cal é
o principal motivo que marca a vida social da xente.
Anque como pobo oprimido que somos, sabemos
que a solidariedade debe ser internacionalista e non coñece-las
fronteiras, cada cal que loite primeiro no seu pobo polo
seu pobo.
Por iso, dende Yesca non loitamos por unha transformación
ou por unha reforma do sistema actual,
porque é el e as persoas que o manexan as que nos
poñen as trabas e as problemáticas á
xuventude. Así que cremos que debemos avogar por
un cambio de sistema na sociedade, xa que somos revolucionari@s.
Pero para conseguilos, tódol@s xoves comprometid@s
debemos aportar todo o que estea dentro das nosas posibilidades
anque pensemos que non sexa moito, xa que se tod@s coitamos
xunt@s, venceremos.
ORGANÍZATE E LOITA!